Picpanzee logo Browse Instagram content with Picpanzee

@carlosorozacifp

CIFP Carlos Oroza

carlosorozacifp

Centro de ensino público de Formación Profesional - Hostalaría e turismo - Industrias Alimentarias - Pontevedra

Total Likes 1.438
Average Likes 80
Total Comments 18
Average Comments 1
#instaoroza  #worldfoodday2019 #diamundialdelaalimentacion  No noso camiño cara un #orozasaudable levamos a vista atrás para facer un percorrido visual polos pratos, espazos e persoas relacionados coa nosa alimentación, pensando sempre en mellorar. Este ano, a FAO non so contempla seguir apostando por un mundo onde todos teñamos acceso á comida, senón que ademáis agrega que esa comida sexa realmente saudable. Por iso o eslogan da campaña 2019 é “Unha alimentación sana para un mundo #hambrecero". Lograrase? Desde o noso centro contribuiremos con todas as nosas forzas pola alimentación saudable, a concienciación e o desperdicio cero!! #aprenderfacendo
#instaoroza  Fin de la formación y actualización en dietética y nutrición para nuestro profesorado con unos profesionales de lujo: @midietacojea y @dimequecomes que recomendamos a todos los compañeros y compañeras que nos leen. Pondremos en práctica en nuestro proyecto “A mesa do Oroza” lo mucho que hemos aprendido con vosotros y continuaremos nuestro camino hacia ese #orozasaludable al que aspiramos llegar en un futuro cercano. Gracias!! #aprenderfacendo
#instaoroza  Hoxe tivemos a sorte de ter a Aitor Sánchez @midietacojea no noso centro. Unha ponencia para o alumnado de dez, que encantoulles, e sobre todo, fíxolles reflexionar dun xeito moi ameno e divertido sobre cómo nos alimentamos. Qué luxazo de ponente para os futuros profesionais da gastronomía, cunha mensaxe clara, directa, argumentada, didáctica e perfectamente aplicable. Mil grazas por esta intervención! Poñeremos en práctica o aprendido e seguiremos o noso camiño cara un #orozasaudable  Primeira pedra colocada! #aprenderfacendo
#instaoroza O noso restaurante de prácticas abre as súas portas este curso 2019-2020. Esperámosvos!! Reservas no 886 159 545 #aprenderfacendo
#instaoroza  E nos, que non queremos perdernos esta marabillosa experiencia por nada do mundo, estaremos cun stand e cun showcooking, visitando, coñecendo, aprendendo e practicando!! #etiquetanegragourmet2019 #aprenderfacendo
#instaoroza 🐷🐽🐷🐽🐷🐽🐷🐽🐷🐽 Do porco comemos...desde o fuciño ao rabo! Que sería da nosa gastronomía galega sin este animal, cuxa matanza foi durante moitos anos unha festa que reunía á veciñanza, e que marcaba o comezo do inverno gastronómico galego? Pois a aprender algo máis sobre él, foron dous dos nosos grupos de alumnado, 1ºFPB e 1ºCMCOC-A, aproveitando os talleres e charlas cun nutricionista e un cociñeiro, que trouxo @nuestracarneblanca a Pontevedra. Nesta actividade aprenderon sobre as cualidades nutritivas desta carne, e deixaron voar a súa creatividade mentres preparaban algún prato cos ingredientes que se lle facilitaron. Tamén disfrutaron da exposición, que incluía gafas 360º para facer unha viaxe virtual polas granxas de porcos. Unha interesante actividade, coa que poder apreciar a necesidade de criar a estes animais co máximo benestar animal, e entender que as boas prácticas na crianza deben ir encamiñadas a mellorar a saude e sanidade animal, a seguridade alimentaria, a trazabilidade e o medio ambiente. Si coidamos moi ben deles, eles darannos o mellor, desde o fuciño, ata o rabo!  #aprenderfacendo @noaorjales
#instaoroza  Hoxe, os ciclos de servizos saíron a palpar á viña e experimentar " in situ" un dos momentos máis importantes para calqueira adega: a vendima e as decisións na elaboración de cada viño. Para elo contamos coa acollida de dúas adegas con dous perfís totalmente diferentes, que axudaron a enriquecer a formación do noso alumnado: @paco_lola , magnífica adega e un gran colaborador desde fai moito tempo na formación do noso alumnado de servizos, e @pazobaion que nos abriu as súas portas con toda a xenerosidade para ensinarnos o seu bo facer.  Ambas con viños cunha execución na elaboración perfecta, onde se mestura por unha parte a tecnoloxía e organización co perfil dos viños atlánticos, e por outra o concepto de terruño na máxima expresión. O resumo da visita sería: Impresionados de todo o que se pode facer cunha única variedade como é a albariño!! Isto é pasión polo viño!  #aprenderfacendo @sestayopedrot
#instaoroza  #orozasostible Producir, usar e tirar? Non!! Debemos reducir, reusar e reciclar.  No noso centro levamos un tempo practicando un pouquiño de economía circular: A horta produce alimentos, cociñamos eses alimentos, e as sobras van ao compost co que se abona a #hortaoroza e...volta a empezar! Neste post ensinámosvos o proceso: formación do alumnado, abono con compost, produción da horta abonada, preparación de pratos cos produtos da horta, separación dos restos orgánicos para o cubo metálico de compost, e traballo dos mestres composteiros na zona de preparación do compost para logo abonar a horta e voltar ao inicio do ciclo.  Os mestres composteiros forman ao noso alumnado para que coñeza esta alternativa máis ecolóxica, sostible e amable co noso planeta. Durante tres días, estiveron formándose con estes mestres composteiros da @deputacionpontevedra tódolos grupos de hostalaría do noso centro e deron a coñecer o plan #revitaliza A nosa aposta polo Plan Revitaliza é total, xa que fomenta valores como a produción responsable, a economía circular, o respeto ao medio ambente e a reutilización.  A nosa #hortaoroza, ademáis, permite autoabastecer ao centro cunha morea de produtos, o que supón non só ter produtos de calidade para cociñar senón un aforro económico de materias primas que non é preciso mercar. O noso alumnado, moi sensible coa situación actual do planeta, tomou boa nota sobre cómo favorecer a economía circular cunha ferramenta como a correcta separación de residuos  e a elaboración de compost. Moitas grazas poa vosa colaboración!! #aprenderfacendo
#instaoroza  Proseguimos o noso camiño cara a meta dun #orozaeco #orozasaudable #orozasostible dando pasos como a eliminación da máquina de bebidas azucaradas e colocando unha fonte de auga microfiltrada a disposición de toda a comunidade educativa. Unha auga de proximidade, que evita largos transportes ata a mesa. Esta tamén será a auga que se servirá no taller restaurante Álvaro Cunqueiro durante os servizos abertos ao público. E farase en envases exclusivos de vidrio reutilizables que respetan o contido e non xeran refugallos.  Este é o camiño para reeducarnos e mellorar o trato ao noso planeta. E ahí seguiremos, promovendo actitudes nese sentido!  #aprenderfacendo
A #hortaoroza sempre presente na vida do centro. Nesta ocasión servíndonos os seus produtos, recén colleitados, para facer unha saudable invitación a participar o vindeiro 22 de novembro no "Menú Quilómetro Cero" que se desenvolverá no taller restaurante Álvaro Cunqueiro.  Unha ensalada, lista para tomar, con 19 ingredientes ecolóxicos da nosa #hortaoroza: - Aceda - Tomate Monterosa - Tomate Kumato mini - Cebola doce - Cebola mourada - Espinaca rastreira - Ceboliño - Piparras Gernika - Remolacha - Physalis - Pataca amarela - Pataca chinesa - Alfábega - Salvia - Limón - Calendula - Ceboliño liso - Capuchiña - Clavel chinés  Estamos seguros de que esta ensalada resultará deliciosa para quen a vai probar, e moito máis si se aliña cun  aceite galego como @aceitegaleo Bo proveito!!! #aprenderfacendo #orozaeco #orozasaudable #orozasostible @profesorfp  @diariodepontevedra @pontevedraviva @lavozdegalicia @farodevigo
#instaoroza  E o curso deu comezo esta mañá coa benvida do noso director @manuelhermo e a visita ás instalacións do centro.  Listos para #aprenderfacendo!!
#instaoroza Querido alumnado do curso 2019-2020, temos todo listo para recibirvos o luns!! Este é o taller restaurante Álvaro Cunqueiro.  #aprenderfacendo
#instaoroza 🌳🌱🌿☘🍀🎍🍃🌻🌾 Cambios que ofrecen novas vistas desde a sala de profesorado. Unha mellora no espazo de traballo que contribuirá a incrementar o noso "pensamento verde" para lograr os obxectivos eco neste curso que comeza!! #orozaeco #orozasaudable #orozasostible  #aprenderfacendo
#instaoroza  Cómo é á chegada por primeira vez ao noso centro?  Qué se atopará o novo alumnado cando entre pola porta? Pois atopará a calidez e o sorriso dunha figura imprescindible no CIFP Carlos Oroza,  os nosos conserxes Carlos (no vídeo)  e Sergio.  Mil grazas aos dous polo voso traballo, amabilidade,  paciencia e eficiencia!! Feliz curso para os dous!  #aprenderfacendo  @cfernandezpereiro
#instaoroza  Poñendo en práctica a famosa fábula de Esopo,  aquí estamos como a formiga, recolectando no mellor momento da #hortaoroza e gardando e conservando para disfrutar a colleita no inverno!  Fábulas doutros tempos con consellos sabios que aplicar sempre!! #aprenderfacendo  @profesorfp
#instaoroza  Atentos aos horarios de presentacións do curso 2019-2020!! #aprenderfacendo
#instaoroza  Cómo aproveitar a produción de tomates ecolóxicos da nosa #hortaoroza o máximo tempo posible? Hai varias posibilidades, que iremos presentando, pero comezamos por esta receta do noso compañeiro Profesor FP Un recurso sinxelo e cuns excelentes resultados é confeitar o tomate, que poderemos facelo na casa para sorprender aos nosos convidados. Esta é a descrición da receita, todo con produtos da Horta Oroza.  Ingredientes: * 10 tomates pouco maduros * Aceite de oliva virxe extra * 1 cabeza de allos enteira * Loureiro * Tomiño * Romeo * Perexil * Sal e pementa en grao  1. Conectamos o forno e poñemos o termostato a unha temperatura de 80 ºC. 2. Lavamos os tomates e as herbas aromáticas, secamos con papel absorbente. 3. Partimos os tomates en catro partes, retiramos as sementes do interior. 4. Colocamos os tomates nunha placa de asar e sobre estes as herbas. 5. Regamos con aceite de oliva, partimos a cabeza de allo pola metade coa pel e colocamos na placa. 6. Introducimos os tomates, calculamos un tempo de oito horas. 7. Rematado o proceso comprobamos si os tomates están no seu punto, si os queremos máis confeitados engadimos máis tempo, ata conseguir o resultado desexado. 8. Para rematar extraemos os tomates para un recipiente de vidro, colamos o aceite e vertémolo enriba dos tomates. Gardamos no frigorífico ou conxelamos si se quere usar máis adiante. 9. O allo asado sobrante pódese empregar como complemento en tostas (pan con tomate por exemplo, untando no pan). Para que serve? – O tomate confeitado ten moitas aplicacións en cociña e pode servir para complementar ensaladas ao natural, como gornición de peixes, en estufados de carne (engadíndoo ao final), en tostas de todo tipo e tamén para comer directamente como petisco. Pódese conservar no frigorífico uns 15 días, e pódese conxelar para o seu uso posterior.  Agardamos que a fagades e que a aproveitedes como o faremos nos no noso taller restaurante Álvaro Cunqueiro, cuxos
#instaoroza Neste soleado día de setembro no @carlosorozacifp ...damos un paseo pola #hortaoroza?  Hoxe visitamos o invernadoiro no que nos adentramos nun ecolóxico mundo de tomates  abonados con compost do plan #revitaliza da @deputacionpontevedra E qué se está a facer con esta saudable, ecolóxica e sabrosísima producción?  Mañá o contamos!  #aprenderfacendo #orozaeco #orozasaudable #orozasostible

Loading